A MEMORIA NA PEL
UN CADERNO ETNOGRÁFICO, POÉTICO E VISUAL DAS ENTRAÑAS DA GALIZA, CONTADO EN CÓDIGO.

A memoria na pel é un documental work-in-progress sobre papel, unha relación aberta coa nosa singularidade como pobo, desde unha perspectiva de tradición, etnográfica e visual, contemporánea.
UNHA INVITACIÓN A UN NOVO XEITO DE CONTAR HISTORIAS.
Este Libro de Códigos é unha nova proposta de lectura -física e online-, un caderno de notas, un repositorio de material foto-etnográfico e un cancioneiro.
Sigue, co propio autor en tempo real o proceso de investigación e recollida de historias, relatos e mitos únicos, ao tempo que axudas a financiar o proceso.
Mergúllate nun producto cultural singular, unha viaxe con alma a través de narrativas únicas, cantares e paisaxes que falan de nós.
ESTE TESOURO CONTÉN:
• O libro físico con códigos QR (50 pax).
• Seguimento exclusivo do proceso.
• 15 historias de investigación inéditas.
• Series fotográficas únicas.
• Un cancioneiro tradicional /novo.
• Acceso a material etnográfico inédito.
• Comunicación directa co autor.
• Unha xanela aberta a unha cosmovisión na que se dan cita cultura, memoria, arte e humanidade.
QUÉ É UN LIBRO DE CÓDIGOS? CÓMO FUNCIONA?
Nas páxinas deste libro encontrarás unha serie de códigos QR, fotografías e textos. Escaneando estes códigos desde o teu teléfono móbil, accederás ás páxinas privadas desta web, onde asistirás ao proceso de recollida de diferentes historias que xa están iniciadas, outras en proceso de investigación e outras por emerxer. Ao longo dos vindeiros meses, encherei este libro cos textos, imaxes, reflexions e cancións que atoparei e crearei no camiño.
SOBRE O AUTOR
Chámome Óscar Górriz, son fotógrafo, músico e investigador cultural. A miña teima é descubrir o que está agochado. As historias que tocan, a ollada ao profundo. Traballo mediante imaxes, textos e poesía, a partires das historias que me chegan. Aquí podes ver a miña biografía.
Despois da publicación de “Bóveda, a memoria no lugar” (Canela, 2024), sinto a capacidade de continuar a traballar de xeito independente, tanto temática como financieramente e, contando co soporte da Editorial Canela, abrinme a explorar un mundo de novas posibilidades, proxectando en novas direccións a partires das disciplinas e ideas que levo anos explorando, baixo a premisa de que aí fora hai un mundo cheo de historias que descubrir e contar.
COLABORA, APORTA E COMENTA
Queres participar do proceso? Tes varios xeitos de facelo (algún é de pago*)
- Comenta na web sobre as propias historias que estou a investigar. Quero escoitar a túa opinión, e que me axudes a narrar e percibir os detalles relevantes. Responderei a todas as preguntas e aportacións.
- Contáctame, se queres propoñer, para que inicie a investigación dunha historia que consideres relevante e interesante.
- *Únete como acompañante, nalgunha das saídas e visitas foto/etnográficas que realzarei. Xa estou en marcha!
SÉ PARTE DESTE LEGADO
Ao reservar este volume, non só te apropiarás dun fragmento do noso patrimonio, senón que sosterás con forza unha iniciativa independente que custodia e reimaxina a nosa memoria colectiva.
Primeira edición limitada a 100 unidades.
Envío sen custo en Galicia.
Copyright Óscar Górriz, 2025.